A Cofradía da Dorna rematou o ano con premios, novo número de La Bos e nova directiva

07 Xaneiro 2020
O novo presidente da Real e Ilustre Cofradía

A Real e Ilustre Cofradía da Dorna rematou o ano pletórica de novidades, algunhas delas moi relevantes para o seu futuro (por exemplo a elección de Ramón López Martínez como novo presidente da entidade, que é, como lembraremos, a responsábel de organizar cada ano a Festa da Dorna de Ribeira e o programa de actividades cada vez máis descentralizado que a acompaña).

O capítulo de incidencias no caderno de bitácora deste remate de 2019 comezou co galerna mediática provocada por unha nova edición de La Bos de Jalisia, o xornal dorneiro co que se conmemora a chegada da que vén sendo, dende tempos inmemoriais, a celebración mundial das fake news, a do 28 de decembro. Para quen aínda non tivera oportunidade de carrexar un exemplar para a casa e gardalo coma un tesouro do que botar cando veñan tempos difíciles, dicir que está dispoñíbel en libre descarga no Facebook da Cofradía (en formato PDF). Inclúe, entre outros contidos de investigación, unha relación detallada do patrimonio dos principais representantes políticos do concello.

Na mesma xornada, a entidade fixo saber que contará a partir de xa con nova directiva e novo presidente, Ramón López Martínez, logo dunha xuntanza da asemblea dorneira moi concorrida na que se lle desexou ao equipo de Ramón “a mellor marea e o máis conveniente vento do nordés”.

O 28 de decembro a Cofradía tamén deu a coñecer as entidades destinatarias dos seus premios aDorna, que foron dar a AGADEA Alzheimer e a FAIBEN, Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar, nas categorías de entidades e de centros educativos, respectivamente.

As dúas organizacións levaron 400 euros de contía grazas aos recoñecementos dorneiros.

Igualmente, fíxose unha doazón a cargo do Fondo Social Dorneiro de 300 euros a cada unha das seguintes entidades colaboradoras: Cáritas Parroquial, Cruz Vermella, AGADEA, AMBAR e A Creba.

A maiores de todo o devandito, a Cofradía quixo botar unha man a todas aquelas veciñas e veciños que aínda nas alturas do 3 de xaneiro non deran atopado ningunha petición digna de ser incluída nas súas cartas aos Reis Magos. A Cofradía recomendoulles rematar coa cuestión cun agasallo que vén moi a conto nestas datas: as pantuflas dorneiras.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.