A boirense cabalgata de Reis incorpora un tramo sen música para persoas con TEA

04 Xaneiro 2020

Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Boiro o domingo 5 na cabalgata de Reis organizada polo Concello e a Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón. Unha cita que incorporará novidades e na que participarán ao redor de 400 persoas entre as oito carrozas que compoñen o desfile, percorrendo un quilómetro de distancia xunto con diversos grupos e bandas de música. Así o deron a coñecer esta mañá  o alcalde José Ramón Romero; o concelleiro Marcos Fajardo; o párroco de Lampón, Marcelino Sánchez; e varios membros da organización.

A cabalgata estará encabezada por unha carroza co Belén vivinte, seguidas das tres dos Reis Magos, outras tres de camelos e unha final dun parque cunha fonte luminosa. Como acompañamento musical, tomarán parte nesta cita a Banda Municipal de Música de Boiro, Banda de Cornetas e Tambores da OJE de Ferrol, charanga O Equipo B, grupo Arume e grupo Os Caraveiros, entre outros.

A saída está programada para as 16.30 horas desde a Magdalena, chegando a Boiro ao redor das 17.30 horas. Este ano decidiuse adiantar o horario co obxectivo de que tódolos nenos e nenas poidan saudar ás Súas Maxestades de Oriente sen ter que agardar demasiado, segundo explicou o edil Marcos Fajardo. Ademais, inclúese un tramo sen música para que poidan desfrutar aquelas persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Concretamente será na rúa Principal, desde o cruce da avenida de Compostela ata a rúa Salvador Allende. Ao longo de todo o itinerario repartiranse entre os espectadores en torno a 900 quilos de caramelos aptos para celíacos.

Unha vez cheguen á praza do Concello, os Reis Magos, acompañados polo rexedor José Ramón Romero e a concelleira de Cultura, María Outeiral, saudarán á veciñanza desde a entrada da Casa Consistorial. A partir das 18.00 horas, disporase dentro do edificio dunha plataforma cos tronos onde Melchor, Gaspar e Baltasar atenderán aos cativos, tendo incluso a oportunidade de sacarse unha foto con eles. Chegadas as 19.00 horas, partirán cara Escarabote pola rúa peonil, arribando á parroquia media hora máis tarde. O evento rematará coa Misa no Centro Social ás 21.00 horas

Ademais, outra das novidades é a eliminación da presenza de cabalos no desfile coa finalidade de evitar incidencias e garantir a seguridade.

O Grupo Outeiral colabora poñendo varios autobuses a disposición da cabalgata sen cobrar nada, tal e como apuntou o párroco Marcelino Sánchez.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.