A aguiñense rúa dos Bolos e a súa vía transversal contarán cunha rede de saneamento con pozo de bombeo

03 Xaneiro 2020

Unha nova actuación no municipio de Ribeira permitirá a instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos, na parroquia de Aguiño.

Desde o Concello manifestan que a zona en cuestión carece de rede de saneamento, razón pola cal se elaborou un proxecto técnico dirixido a instalar este servizo, tanto na rúa dos Bolos coma nunha vía transversal. Neste senso, procederase primeiramente á colocación de dúas tubaxes tipo SN4, unha de 315 milímetros de diámetro e 68 metros de longo, mentres que a outra de 250 milímetros de diámetro e 60 metros de lonxitude.

A través destes colectores conduciranse as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas mergulladas fixas de caudal unitario 3’50 m3/h. Desde aquí, as augas impulsaranse por medio dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 125 metros de longo e 63 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral. Tamén se colocarán 6 pozos de rexistro separados cada 40 metros aproximadamente.

Así mesmo, efectuarase a pavimentación da referida rúa con aglomerado en quente e na vía transversal reporase a gabia con pavimento de formigón.

O importe desta actuación ascende a 45.789 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+2018; e o prazo de execución son dous meses.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen ata a medianoite do 9 de xaneiro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.