A ABE e as Escolas de Fútbol de Boiro entregan un novo premio de 1.000 euros

03 Xaneiro 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e Escolas de Fútbol de Boiro entregaron este venres 3 de xaneiro o premio de 1.000 euros que sortearon as ditas academias deportivas locais. A gañadora resultou será María Hermo, quen recibiu o galardón da man do presidente das escolas, José Maneiro, e do vicepresidente da ABE, Javier Caamaño.

O premio consistiu en 1.000 euros en vales de compra para gastar en comercios asociados da entidade empresarial boirense. O prazo para facer efectivos os vales remata o 28 de febreiro. Amais da dita contía, as escolas e a ABE entregáronlle a María Hermo unha listaxe cos socios nos que pode efectuar as súas compras.

A ABE lembrou que esta iniciativa encádrase nunha das liñas estratéxicas da asociación, que é “tratar de difundir e facer pedagoxía sobre a importancia de consumir no noso entorno mais inmediato así como favorecer a economía circular e de proximidade, contribuíndo a que a actividade comercial de cada quen repercuta na xente que vive preto”. Deste compromiso co local xurdiron outras iniciativas como o Sueldazo ABE (aínda vixente), o sorteo de agasallos coas cartas aos Reis Magos deste sábado 4 (a partir das 19.00 horas na Carpa dos Soños) ou esta colaboración coas Escolas de Fútbol de Boiro, que, como cada ano por estas datas, desenvolveron unha campaña de rifas para recadar fondos con vistas a sufragar as súas actividades. Este ano, coa axuda da ABE e dos seus integrantes, conseguiuse igual que o ano pasado unha elevada cifra de vales de compra, 1.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.