Fallo do XXXII Premio Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

14 Decembro 2019

Antón Blanco Casás é o gañador da XXXII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que convoca o Concello de Dodro. Así o decidiu
por unanimidade o xurado, reunido esta mañá na Casa de Cultura, tras
valorar “a construción e a sintaxe e xunto cunha escolla léxica moi
coidada. Voz do arqueiro posúe unha arquitectura interna coherente”.
O gañador, que se presentou ao certame cun poemario titulado  Voz do
arqueiro reside en Barcelona e ten obra literaria publicada A oseira
(Chan da Polvora, 2016) e Tres estudos para un poema da cidade (Galaxia,
2018), como gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
recibirá 2.300 euros e a edición da obra.
Coordinado nesta edición por Xabier Castro Martínez, director do Centro
PEN Galicia, o xurado estivo composto: Alicia Fernández Rodríguez,
Estevo Creus Andrade, Elvira Riveiro Tobío, Xabier Xil Xardón, presidido
Ramón Abuín Gómez , tenente de alcalde do Concello de Dodro e actuando
como secretario Xoán Xosé Vicente Franco, concelleiro de Cultura e
Patrimonio.

Previo ao fallo, os membros do xurado, acompañados polo alcalde de
Dodro, Xabier Castro, Manuel Lorenzo Baleirón, irmán de Eusebio e os
poetas Paulino Vázquez, Anxo Angueira, David Pérez Iglesias rendiron un
tributo poético cos poemas de Alba Cid e Hilde Domin ademáis dunha
ofrenda floral no cemiterio de San Xián de Laíño, onde repousan os
restos de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Xurado do Premio Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Os membros do xurado, acompañados polo alcalde de
Dodro durante a ofrenda floral no cemiterio de San Xián de Laíño o poeta

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.