Xoán Fernández, A Pousada e Ana Romaní sereos da cultura de Barbantia

07 Decembro 2019

A Asociación Cultural Barbantia dou a coñecer ós premiados cos sereos 2019. Serán o pintor palmeirán, Xoán Fernández, no apartado de Traxectoria Cultural no Barbanza; a sala de concertos de Boiro, A Pousada da Galiza Imaxinaria, que recibirá o premio pola Iniciativa Cultural no Barbanza; e a xornalista, poeta e académica galega, a noiesa Ana Romaní, no eido da Cultura Galega. 

Os tres galardoados recollerán o recoñecento nun acto que se celebrará o vindeiro sábado, 14 , na Casa da Cultura Ramón Martínez López, en Boiro.

A gala na que se entregarán os galardóns comezará ás doce e media da mañá e será presentada por Esther Carrodeguas. Contará tamén coa actuación de membros da Banda de Música Municipal de Boiro.

O acto acudirán o director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo Suárez; o secretario de Políticas Culturais, Valentín García Gómez; a presidenta do Consello dá Cultura Galega, Rosario Álvarez; un representante da Deputación Provincial da Coruña e os alcaldes dos concellos do Barbanza.

Xoán Fernández

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.