Un obradoiro de dinamización lingüística impartirase no Lustres Rivas de Ribeira

17 Decembro 2019

No marco da Rede Galega de Dinamización Lingüística, o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira albergará o sábado 21, a partir das 10.30 horas, un obradoiro de dinamización interxeracional de uso da lingua galega titulado O papel dos avós e das avoas como transmisores e transmisoras da lingua e da cultura galegas.

O taller será impartido pola psicóloga Cándida Rodríguez Ferro e está destinado a incidir na transmisión interxeracional do galego a través da toma de consciencia das persoas de máis idade, que a miúdo se reúnen no Nadal coas xeracións máis novas, ás que teñen moito que lles achegar. A entrada é libre e de balde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.