Tres vellas (polo menos) recala no Elma

10 Decembro 2019
excentricas.net

Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez (Guti) subiranse ás táboas do pobrense Elma o domingo 15, ás 19.00 horas, con Tres vellas (polo menos). No repertorio dos tres hai moitos contos que foron relatados por vellas, a quen llos narraron outras. A sinopse do espectáculo presenta unha progresión xeométrica de vellas. Nunca se coñeceron as vellas dos tres relatores, mais poderían manter unha conversa entre si á luz do carburo ou sobre o hule das cociñas aldeás. Moitas veces, as sesións de contos son sesións de espiritismo, e as vellas aparecen na axuda do narrador que se perdeu nun chiste, ou nun comentario de actualidade, e faino volver ao rego do relato.

A entrada é libre e ata completar aforo. Esta actividade enmárcase no bloque destinado a maiores de 16 anos da programación teatral organizada pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.