Tres puntos do municipio de Ribeira verán mellorado o tránsito peonil

27 Decembro 2019
Tramo das Abesadas, xunto a rotonda da Poutada

Unha nova actuación no concello de Ribeira permitirá mellorar a seguridade viaria e o tránsito peonil en tres puntos do municipio: o lugar de Iñeiras, situado en Olveira; a rúa Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño; e As Abesadas, en Santa Uxía.

Polo que respecta a Iñeiras, a zona na se intervirá consta dunhas beirarrúas a base de zahorra compactada, polo que van ser demolidas e substituídas por outras de formigón pulido intercalado con franxas de adoquín de formigón. Ademais, terán unha lonxitude de 500 metros.

Lugar de Iñeiras, en Olveira

En canto á rúa Francisco Lorenzo Mariño, o tramo en cuestión está formado actualmente por soleiras de formigón que serán demolidas, colocándose no seu lugar un treito de beirarrúa de baldosa hidráulica ao longo de 37 metros.

Rúa Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño

No que se refire a Abesadas, na área a actuar, xunto á rotonda da Poutada, procederase a estender un tramo de beirarrúa con baldosa hidráulica nunha lonxitude de 60 metros, afianzando así a seguridade viaria.

O importe desta tripla intervención ascende a 68.475’09 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+2018; e o prazo de execución son dous meses.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen ata a medianoite do 9 de xaneiro de 2020 a través da Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.