Tres pezas teatrais escenificaranse no Elma con motivo do Nadal Cultural

20 Decembro 2019

O pobrense Elma continuará sendo escenario no que resta de ano de representacións de pezas teatrais dirixidas a un público infantil e familiar, as cales se adscriben ao Nadal Cultural.

Teatro Ghazafelhos recala con Rubicundo o xoves 26, ás 18.30 horas. Unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abrindo a posibilidade de perseguir os soños sen sentir fronteiras.

O venres 27, ás 18.30 horas, Culturactiva presenta a Félix Rodríguez e Fran Rei en Saaabor! Trátase dun espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.

Por último, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza chega da man de Xanela do Maxín ás 18.30 horas do luns 30. Deste xeito, acompañarase a este mamífero na súa investigación pola granxa co obxectivo de coñecer que animal dos que viven alí lle fixo semellante agravio.

A entrada a tódalas citas é libre e ata completar aforo. As actividades están organizadas pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.