Suspendidos os encontros deportivos e aprazadas actividades polo temporal

21 Decembro 2019

A Real Federación Galega de Fútbol decidiu suspender todos os partidos programados para este sábado debido ás condicións meteorolóxicas que se esperan.

A entidade anunciou a súa decisión a través dunha mensaxe publicada na tarde deste venres na conta oficial da RFGF. Deste xeito, ante as previsións meteorolóxicas, todos os partidos de fútbol programados en Galicia quedaron suspendidos.

Por outra banda, a Secretaría Xeral para o Deporte recomendou a suspensión a partir do sábado de todas as actividades deportivas ao aire libre en toda Galicia, especialmente no noroeste da Coruña e na Mariña lucense.

A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir deste sábado. Tamén estará activa a alerta vermella por ventos no noroeste da Coruña e na Mariña lucense, a partir de primeiras horas da tarde. Ademais, desde as 6,00 horas actívase alerta laranxa en toda a comunidade por ventos do suroeste que poden alcanzar refachos de 100 km/h.

A maiores, a partir das 15,00 horas prevese a alerta vermella por vento no noroeste da Coruña e na Mariña, onde os refachos poderán chegar a 140 quilómetros por hora.

En Ribeira por mor das malas previsións meteorolóxicas o concerto de ALIAXE previsto para hoxe sábado ás 13 horas no Malecón dentro do programa Rúas Musicais trasládase para o domingo 29, tamén ás 13 horas no Malecón.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...