Suso Vaamonde e a Banda de Música Ateneo Musical achegan música e solidariedade este domingo 22

17 Decembro 2019

Este domingo 22 temos unha nova cita musical e solidaria na Pobra do Caramiñal, organizada pola Banda de Música Ateneo Musical en colaboración co Concello. A cita (o tradicional concerto solidario da banda local) será ás 19.00 horas no Teatro-Cine Elma, a partir das 19.00 horas. Contarase cun ilustre convidado: o gaiteiro Suso Vaamonde, quen fará, na compaña da agrupación local, un percorrido pola música do país (xotas, muiñeiras, pandeiradas, etc). Os organizadores da cita lembran que ao longo destes días xa se pode reservar entrada (a través dos teléfonos 678 895 933 e 637 539 946).

Amais, a vertente solidaria virá dada por unha recollida de alimentos colectiva: cada persoa que acuda, para poder asistir, deberá traer un quilogramo de comida non perecedoira, que será recollida por Cáritas local cando entren no concerto.

Os concertos que forman parten do ciclo De Tradición… con Suso Vaamonde teñen como protagonista a música galega, poñendo o foco en adaptala plenamente ás sonoridades actuais. Nos concertos, o músico amais de especialista en música tradicional, interpreta un amplo un repertorio de pezas populares, como Xota Vella, a Alborada de Verín, o Valse de Pazos de Merexo, a Muiñeira do Sisto da Chaparra, a Cantiga de Palas de Rei, a Muiñeira de Cadós, a Polca dos Areeiras e o Pasodobre de San Roque.

Outros artigos

Incendio nun colector do lixo no concello da Pobra do Caramiñal

Arredor das 6:00 da mañá deste 25 de marzo, o Parque Provincial de Ribeira recibiu aviso dun incendio nun colector do lixo na rúa Castelao, no concello da Pobra do Caramiñal. Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que se trataba dun residuo sólido urbano que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...