Suma Ribeira pide abrir o debate sobre os custes e beneficios do novo saneamento de Ribeira

09 Decembro 2019

Suma Ribeira, a agrupación política coordinada por Xurxo Ferrón, vén de emitir un comunicado no que propón mellorar a información e a transparencia en materia de saneamento local. Nel, ademais, o colectivo mostra unha aposta integral e decidida por dispoñer no concello dos máis avanzados recursos para acadar un tratamento das augas máis sustentábel, eficaz e respectuoso co medio ambiente. Ou sexa, dun Sistema de Depuración de Augas Residuais e Industriais que garanta o coidado do mar ao tempo que asegure o desenvolvemento de todos os sectores económicos relacionados directamente co mar.

Segundo fai saber a agrupación, “o novo Sistema de Saneamento de Ribeira dende que comezou a funcionar amosou eivas importantes, que ocasionaron problemas á calidade de vida de moitas persoas”. O grupo, se ben lembra que “algunhas destas eivas fóronse solucionando ou diminuíndo”, quere destacar que seguen existindo materias pendentes: “O Sistema de Saneamento de Ribeira continúa presentando problemas para os que temos o dereito e a obriga de esixir solucións definitivas, mesmo no caso de que esas solucións requiran de custosas actuacións”.

A plataforma que coordina Xurxo Ferrón critica tamén a orixe do proxecto actual e a elección dos equipamentos que o integran, “unhas infraestruturas con altos requirimentos enerxéticos que implican un gasto estimado duns 300.000€, é dicir, un 25% do custe total anual de 1.200.000€ que está previsto que teña que dedicar o Concello para o seu funcionamento e mantemento”.

Ao fío do devandito, Suma Ribeira quere abrir unha rolda de debates acerca de cuestións como o devandito custe total anual (“Debe o Concello recadar mediante as taxas a totalidade dos 1.200.000€ de custe previstos?”), acerca da natureza das taxas para sufragar ese custe (“Deben ser as taxas iguais para tódolos domicilios, cobrando un mínimo ata os 30 metros cúbicos de consumo trimestral, ou debemos primar en maior medida aos domicilios con menor consumo de auga?”), ou acerca da aplicación de posíbeis cotas reducidas (“Debemos aplicar sistemas de bonificación, ou mesmo nalgúns casos de exención, no pago do saneamento ás familias con menos recursos, e con que baremos?”).

Suma Ribeira engade que debe ser o Pleno do Concello, escoitando á veciñanza, “quen aborde con claridade, transparencia, responsabilidade política e sensibilidade social unha política xusta e solidaria de implantación legal das taxas de saneamento que respondan a estas e outras cuestións de interese para a cidadanía”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.