Solicitan nove anos de cárcere para un home acusado de atropelar intencionadamente ao seu ex-cuñado

13 Decembro 2019

A Fiscalía demanda nove anos de cárcere para un home por, presuntamente, atropelar de maneira intencionada ao seu ex-cuñado en agosto de 2012.

Segundo o escrito da acusación, o procesado A.S.A. circulaba cun vehículo Ford Ranger sobre as 21.00 horas polo lugar de Triñáns, en Boiro, cando, “actuando co propósito de atentar contra a vida do seu ex cuñado”, R.D.R., atropelouno “intencionadamente” cando este ía andando pola cuneta da estrada comarcal (sen beirarrúas nin beiravías) no seu propósito de recadar cartos para as festas de Abanqueiro. A Fiscalía sostén que o procesado pasou á súa altura e mirouno fixamente, continuando a marcha, regresando aos 10 minutos, “xirando bruscamente o volante ao lado no que se atopaba a vítima.” O impacto produciuse a unha velocidade de entre 40 e 50 quilómetros/hora, alcanzándoo de cheo no costado esquerdo. Así mesmo, no texto precísase que o condutor do turismo detívose a dez metros, sen apearse, e, unha vez comprobado que o seu ex-cuñado permanecía no chan, quieto e ensanguentado, continuou o sentido da súa marcha.

Como resultado do impacto, a vítima sufriu policontusións, fractura de ósos propios, fractura de fémur e enfermidade parenquimatosa en ambos lóbulos inferiores esquerdos en relación con proceso infeccioso-broncoaspiración, contusión pulmonar e ictus, recibindo tratamento médico continuado e tratamento cirúrxico con 429 días de curación, dos cales 365 foron impeditivos para a súa ocupación habitual, 42 días non impeditivos e 22 de hospitalización. Ademais, a consecuencia do atropelo quedáronlle numerosas secuelas.

Para a Fiscalía, os feitos descritos son constitutivos dun delito de homicidio en grao de tentativa, polo que, ademais dos mencionados anos de prisión, solicita para o procesado A.S.A. costas e o pago dunha indemnización de 88.820 euros á vítima polas lesións e secuelas sufridas.

O xuízo comezará o próximo mércores na sección sexta da Audiencia Provincial, con sede en Santiago.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.