Ribeira conmemora o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional con numerosas propostas

02 Decembro 2019

O Concello de Ribeira conmemorará mañá o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional cun programa de actos que inclúe diversas accións coma zumba, unha exposición, teatro e a lectura dun manifesto institucional.

O programa arrancará ás 11.30 horas na praza do Concello -en caso de chuvia, na carpa de usos múltiples- coa lectura dun manifesto institucional e, a continuación, unha masterclass de zumba impartida pola Concellería de Deportes coa participación de 60 alumnos da Asociación AMBAR e 12 de A Creba.

Ademais, ás 13.00 horas inaugurarase na Casa Consistorial unha exposición de traballos realizados por alumnos da Asociación AMBAR titulada Con xeito. Diversidade na arte, a cal estará dispoñible do 3 ao 13 de decembro.

Por último, o Auditorio municipal será escenario, ás 18.00 horas, da iniciativa Teatro pola Diversidade, contando coa participación dos grupos dramáticos de Amicos, coa función Lío de perros, gatos y ratones, e da Asociación AMBAR, con Martín e Os Biosbardos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...