Ribeira acolleu unha xornada de emprego autónomo para o alumnado de O Pote

18 Decembro 2019

O alumnado do obradoiro de emprego na especialidade de cociña O Pote asistiu a unha xornada de emprego autónomo ofrecida pola Fundación Ronsel no viveiro de empresas de Ribeira. A referida acción contou coa participación dun total de catorce persoas e estivo impartida polo economista Rafael Vázquez.

No transcurso da xornada analizáronse tendencias e modelos de negocio, ademais de outros aspectos coma os recursos de axuda existentes para a posta en marcha e consolidación dunha empresa, tales coma subvencións, viveiros de empresas ou mentoring, entre outros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.