Representantes de doce entidades sociais de Ribeira serán distinguidas no Día Internacional dos Voluntarios

02 Decembro 2019

O 5 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Voluntarios e, con tal motivo, axentes de doce entidades de carácter social serán recoñecidas no salón de plenos da Casa Consistorial de Ribeira, nun acto que arrancará ás 12.00 horas.

Promovido polo Concello ribeirense, as doce entidades distinguidas son Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira, Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, Cáritas, Asociación Española Contra o Cancro, AMBAR, Amicos, AGADEA, A Creba, Dignidad Ribeira, Renovación e Renacer.

No transcurso do evento será recoñecido un voluntario por parte destas entidades, ademais de proceder á lectura dun manifesto institucional.

Así mesmo, o Centro Cultural Lustres Rivas acollerá, de 17.00 a 19.00 horas, o obradoiro vivencial Acércate á túa risa (risoterapia) dirixido a persoas que exercen de voluntarias nalgunha entidade do municipio. O número de prazas establécese en 25, formalizando as inscricións de balde nos Servizos Sociais, con teléfono de contacto 981874131 e enderezo electrónico servizossociais@riveira.com.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.