Programa de actividades infantis “Nadal Científico” no Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo

15 Decembro 2019

O Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia acollerá ao longo das vacacións escolares de Nadal a realización dun completo programa de actividades educativas e científico-lúdicas dirixidas
aos máis pequenos da casa. Todas as accións previstas desenvolveranse no Edificio Cambón, o Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, entre o vindeiro sábado 21 de decembro e o 4 de xaneiro.
A programación do Nadal Científico ofertará en total preto de 400 prazas divididas entre obradoiros de robótica, xogos de lóxica e actividades experimentais, buscas do tesouro e outro tipo de actividades que terán como fío condutor a ciencia. De feito, ademais de entreter e facilitar unha aproximación lúdica e divertida ao mundo científico, tamén se
concienciará aos rapaces sobre a necesidade de reciclar e depositar os refugallos nos lugares axeitados, para que estes non acaben no mar, contaminando a contorna mariña e provocando danos sobre a fauna acuática.
Todas as actividades desenvolveranse ata o final das festas, serán gratuítas e as prazas estarán limitadas, polo que se recomenda reservar previamente praza para cada actividade.
As persoas interesadas en participar nos talleres e obradoiros ou que desexen ampliar esta información poderán facelo no teléfono do Edificio Cambón (886218082 ou 886218090) ou no correo electrónico info@arenariacoordinacion.com.

Para inscribirse como participante, deberán remitirse os datos de contacto do neno e do titor, así como un número de teléfono e un email do adulto responsable. Os cativos poderán quedar sos durante a actividade, a cargo dos monitores encargados dos respectivos obradoiros, que non superarán a hora e media de duración. As prazas dispoñibles cubriranse por estrita orde de inscrición.
A primeira xornada de actividades infantís prevista no Edificio Cambón será o 21 de decembro, co obradoiro A robótica das illas, dirixida a nenos de entre 6 e 12 anos que se achegarán e coñecerán o Parque Nacional xogando cos robots como ferramenta principal, e a actividade Animais prehistóricos: elabora o teu fósil, durante a que aprenderán moitas cousas sobre a historia do planeta e terán a ocasión de elaborar unha réplica dun fósil.
Durante as vacacións de Nadal, o Centro de Visitantes permanecerá aberto de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. Nesa franxa todas as persoas interesadas poderán visitar de balde as súas instalacións, incluída unha exposición de collages e acrílicos feitos a partir de plásticos recollidos pola Agrupación Sereas de Galicia, que se inaugurou a semana pasada e permanecerá aberta ata o vindeiro 9 de xaneiro.

Sálvora

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...