Patty Diphusa chega co seu espectáculo á Carpa dos Soños boirense

31 Decembro 2019
culturactiva.org

A Carpa dos Soños situada na praza do Concello de Boiro albergará o xoves 2, ás 19.15 horas, un espectáculo de clown e circo baixo o título Superharte. Destinado a público infantil e familiar, Patty Diphusa transmitiralle aos espectadores un pouco de arte e moito amor, pois segundo ela mesma afirma “aos artistas respéctaselles, pero aos pallasos ámasenos.” Armada cun humor moi pícaro e moitas ganas de pasalo ben intentará, literalmente, chegar ao máis alto, utilizando para tal fin tódalas habilidades ao seu alcance: bailando, trepando, inchando globos e, incluso, meténdose dentro deles.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.