Papá Noel visitará a boirense Carpa dos Soños

23 Decembro 2019

O municipio de Boiro dará cabida ás 19.00 horas de hoxe, luns 23, á inauguración da Carpa dos Soños, situada na praza do Concello. Este espazo permanecerá durante o Nadal e albergará boa parte das citas enmarcadas na programación realizada con motivo destas datas.

Pouco despois, ás 19.15 horas, estrearase cun concerto de pop electrónico no que un particular Capitán Garfo ensinará de maneira sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudable e facerse amigos de verduras e ensaladas.

Ademais, o martes 24, ás 17.00 horas, Papá Noel achegarase ata a referida carpa, onde recollerá as peticións de última hora e saudará aos cativos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.