Palmeira será escenario do I Trofeo Nadal de Fútbol Sala Cidade de Riveira

19 Decembro 2019

O calendario de actividades de Nadal no municipio de Ribeira suma un evento deportivo, que terá ademais carácter benéfico. Trátase do I Trofeo Nadal de Fútbol Sala Cidade de Riveira, o cal se disputará no pavillón polideportivo Alcalde Torres Colomer, na parroquia de Palmeira, a partir das 16.00 horas do 28 de decembro. Así o deron a coñecer esta mañá a concelleira de Deportes, Juana Brión; a súa homóloga de Servizos Sociais, Ana Ruiz; e o presidente da Agrupación Futsal Riveira -entidade promotora da iniciativa-, Vicente Fiel.

A idea xurdiu entre os membros da Agrupación Futsal Riveira que se encargan nos últimos tempos da organización do campionato local de fútbol sala, o cal conta con 28 edicións, coa intención de encher un oco no tradicional parón desta época. Neste senso, Vicente Fiel destacou a “moi boa acollida” desta cita deportiva entre o mundo do fútbol sala, agardando que sexa “a primeira pedra para que en anos vindeiros poidamos seguir sendo todos un pouco solidarios que é do que se trata nestas datas.” Así mesmo, expresou o seu agradecemento ao Concello e informou da posibilidade de participación de equipos integrados por persoas con discapacidade.

A edil Juana Brión anunciou que xa hai confirmados varios equipos de Ribeira, tanto masculinos coma femininos, así como doutros concellos. Tamén expuxo que a intención é darlle continuidade nos próximos anos, chegando á súa consolidación.

Pola súa parte, a concelleira Ana Ruiz incidiu no carácter solidario desta cita, polo que se solicita a doazón de alimentos non perecedoiros, xoguetes novos e material escolar, tanto por parte dos participantes coma do público. A este respecto, avanzou que o recadado será distribuído entre as asociacións benéficas Cáritas, Cruz Vermella, ICE Renovación e Dignidad Ribeira.

En canto ás características da competición, consistirá nun torneo express con partidos moi curtos para darlle participación a todo o mundo. Ademais, a vindeira semana daráselle forma ao calendario. A inscrición é gratuíta, permanecendo o prazo aberto ata o 27 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.