Os Reis Magos visitarán tódalas parroquias ribeirenses a bordo do Bus Real

10 Decembro 2019

Desde esta mesma xornada, martes 10, circula polas estradas do municipio ribeirense o Bus Real. Trátase dunha iniciativa que, por segundo ano consecutivo, pon en marcha o Concello coa colaboración do Grupo Ferrín co obxectivo de promocionar o programa Riveira MOVe, así como brindar á veciñanza a posibilidade de achegar aos Reis Magos o 5 de xaneiro a tódalas parroquias, antes da cabalgata pola cidade. Á presentación asistiron a concelleira de Cultura, María Sampedro; o seu homólogo de Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz; e Manuel Ferrín como responsable da citada compañía de transporte.

O autocar en cuestión está decorado con motivos propios do Nadal e o lema Os Reis Magos viaxan coa Tarxeta Riveira Move. Ademais, o rei Melchor sostén unha das tarxetas azuis Riveira Move que, grazas á subvención do Concello, fan que cada desprazamento para o usuario custe 1 euro, supoñendo un desconto de 30 ou 40 céntimos sobre o prezo real dependendo da liña.

O 5 de xaneiro, o Bus Real, cos Reis Magos de Oriente a bordo, visitará as parroquias, repartindo caramelos e sorteando un agasallo sorpresa entre tódolos cativos que os vaian recibir. As paradas que realizarán Melchor, Gaspar e Baltasar son ás 10.00 horas na rúa das Delicias de Corrubedo; ás 10.45 horas na Casa da Cultura de Olveira; ás 11.30 horas no Centro Social de Oleiros con visita ao Hospital da Barbanza; ás 12.30 horas no porto de Palmeira; ás 13.30 horas no porto de Castiñeiras; ás 16.00 horas na Aula de Música de Aguiño; ás 16.45 horas na Capela da Guía de Carreira; e ás 17.30 horas no Centro Recreativo de Artes.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...