Os nosos clubs náuticos luciron destino en París

16 Decembro 2019

Os clubs náuticos da nosa comarca, a través da plataforma galega ASNAUGA, tiveron presenza en París, os días pasados, co gallo da celebración do Salón Náutico Internacional que se desenvolveu entre o 7 e o 11 de decembro. Xunto cos outros clubs da xeografía galega adicáronse a promover o rico potencial (en materia de servizos, paisaxe, calidade, oferta, gastronomía, etc) do turismo náutico galego. Na cita participaron os representantes das entidades deportivas, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Linguas.

Segundo informaron, ao abeiro do salón foron mantidos unha chea de encontros con medios de comunicacións, empresas e asociacións náuticas francesas, co fin de presentarlles a oferta galega. ASNAUGA tivo o seu centro de operacións na caseta que Turismo de Galicia e Portos instalaron na feira.

Alí lembraron que os portos deportivos de Galicia recibiron o pasado ano máis de 10.000 embarcacións recreativas e que Francia foi o sexto país que máis embarcacións recreativas enviou ás nosas costas, só por detrás de Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Italia e Reino Unido. Os 73.000 viaxeiros procedentes de Francia que atracaron os seus barcos nos portos deportivos galegos pasaron un total de 121.000 noites.

O Salón Náutico Internacional de París é o acontecemento náutico máis importante que se celebra en Francia e unha das grandes citas mundiais do sector. En 2018 contou con 206.000 visitantes, asentados sobre unha superficie de máis de 300.000 metros cadrados, e máis de 800 expositores.

Forman parte da asociación ASNAUGA os clubs de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Barraña, Boiro e Rianxo, amais do de Portosín.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.