Os músicos Phil Pierick e Neus Estarellas, profesores convidados na Aula Galega de Saxofón de Ribeira

12 Decembro 2019

Esta fin de semana recalará no Conservatorio Municipal de Ribeira ‘Enrique Paisal’ un novo encontro da Aula Galega de Saxofón que reúne mensualmente no municipio a dezaseis alumnos e alumnas procedente de centros de toda a comunidade autónoma.

Nesta ocasión, ademais de co titor Rodrigo Vila, a iniciativa contará coa participación de dous profesores convidados: o saxofonista estadounidense Phil Pierick, afincado en Chicago e con múltiples galardóns no seu currículo (gañador do Concurso Internacional de Saxofón Jean-Marie Londeix e do Concurso Internacional de Saxofón ISSAC e tres veces vencedor nos Concursos Nacionais de Novos Artistas e de Música de Cámara MTNA, entre outras distincións); e da pianista mallorquina Neus Estarellas, tamén galardoada en numerosos certames coma o Karlsruher Wettbewerb für Zeitgenössische Musik,  Premi Primer Palau Barcelona, Premi de Música de Manresa, Arjau, Art Jove, Concurs Rotary Club Palma de Mallorca, etcétera.

Ademais, os dezaseis alumnos da Aula, acompañados de Neus Estarellas, ofrecerán tres audicións que terán lugar o venres, ás 21.00 horas, o sábado, ás 19.00 horas, e o domingo, ás 13.15 horas. Cada unha das audicións rematará coa actuación dos tres profesores. A entrada é libre e gratuíta.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.