Os músicos Phil Pierick e Neus Estarellas foron os profesores convidados na Aula Galega de Saxofón de Ribeira

17 Decembro 2019

A pasada fin de semana recalou no Conservatorio Municipal de Ribeira ‘Enrique Paisal’ un novo encontro da Aula Galega de Saxofón, reunindo a dezaseis alumnos e alumnas procedentes de centros de toda a comunidade autónoma.

Nesta ocasión, ademais de co titor Rodrigo Vila, a iniciativa contou coa participación de dous profesores convidados: o saxofonista estadounidense Phil Pierick, afincado en Chicago e con múltiples galardóns no seu currículo (gañador do Concurso Internacional de Saxofón Jean-Marie Londeix e do Concurso Internacional de Saxofón ISSAC e tres veces vencedor nos Concursos Nacionais de Novos Artistas e de Música de Cámara MTNA, entre outras distincións); e da pianista mallorquina Neus Estarellas, tamén galardoada en numerosos certames coma o Karlsruher Wettbewerb für Zeitgenössische Musik,  Premi Primer Palau Barcelona, Premi de Música de Manresa, Arjau, Art Jove, Concurs Rotary Club Palma de Mallorca, etcétera.

Ademais, o alumnado da Aula ofreceu tres audicións que tiveron lugar o venres, ás 21.00 horas, o sábado, ás 19.00 horas, e o domingo, ás 13.15 horas. Cada unha das audicións rematou coa actuación dos tres profesores.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.