O vídeo Ti decides da Polícia Local de Rianxo achégase ao milleiro de reproducións

24 Decembro 2019

O vídeo da Policía Local de Rianxo do que falamos en detalle os días pasados, con motivo da súa presentación o 19 de decembro, está a ser un éxito de visitas na rede social YouTube, onde xa anda moi preto (este martes 24 pola mañá) do milleiro de reproducións.

A peza audiovisual, que como lembraremos está dirixida a concienciar á cidadanía da necesidade de deixar de lado as drogas e o alcol de ter que facer desprazamentos por estrada nestas datas (nas que, por outra banda, tanto se conduce por estradas secundarias e principais, co agravante de que boa parte destes desprazamentos son de noite e con malas condicións de visibilidade), está a recibir unha cantidade importante de votos positivos dos usuarios da dita rede social.

Baixo o lema Ti decides e cunha duración de ao redor de seis minutos, a cinta comeza con acción e remata con drama. Malia que ten a súa orixe en Rianxo, conta cunha visión comarcal e colectiva do problema de seguridade que implican as drogas e o alcol ao volante, de aí que entre os “protagonistas” do vídeo tamén haxa xente Pobra do Caramiñal ou de Boiro. Amais da Policía Local e o Concello, colaboraron na iniciativa as agrupacións locais de Protección Civil, bombeiros e ambulancias e a propia veciñanza de Rianxo e os devanditos concellos de Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.