O Museo do Gravado de Artes achéganos este Nadal á obra de Toulouse-Lautrec

09 Decembro 2019

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar este venres 13 de decembro unha mostra sobre un dos máis grandes artistas contemporáneos, tanto se atendemos ao estilo no que foi encadrado (o post-impresionismo) coma se nos referimos a todas as correntes pictóricas e categorías artísticas diversas que tiveron a súa orixe na recta final do século XIX e chegan aínda vivas aos nosos días. Estamos a falar de Henri Marie Raymond Toulouse-Lautrec, do que se nos vai ofrecer unha serie importante de gravados.

A mostra Toulouse-Lautrec: Elles (1890) – Litografías (1893-1900) será inaugurada ás 20.00 horas do venres na sala de exposición número 2 do Museo de Gravado de Artes, en Ribeira. A escolma artística, que está comisariada por José Daniel Buján Núñez e coordinada por X. Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado, poderá visitarse até o 22 de xaneiro. A exposición mostra 36 obras litográficas do artista francés e, tamén, unha escolma bibliográfica da súa importante e (aínda agora) vixente obra.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.