O Museo de Artes organiza un obradoiro co que ir dando forma á celebración do 140 aniversario de Aires da miña terra

11 Decembro 2019
José Fuentes, catedrático da Universidade de Salamanca, será un dos encargados de impartir o taller

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai poñer o foco estes días nunha das súas grandes liñas de actividade, alén da expositiva: o labor formativo. Segundo informou, a longo desta fin de semana (dende o venres 13 até o domingo 15) vai organizar o curso O Gravado V33, impartindo novamente por dun dos principais e máis prestixiosos colaboradores do museo: o catedrático da Universidade de Salamanca, José Fuentes Esteve, que estará acompañado no seu cometido polo artista Antonio Navarro.

O obxectivo da fundación con esta nova actividade é contribuír ao 140 aniversario da publicación do poemario Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez. Para isto, o museo realizará unha exposición e editará o ano vindeiro un volume ilustrado da devandita obra literaria capital da nosa cultura. As e os participantes no curso que se vai celebrar estes días colaborarán na exposición e na ilustración do volume coas obras realizadas no obradoiro de gravado. O horario da actividade será o seguinte:

· Venres, 13 de decembro 2019: de 16.00 a 20.00 h

· Sábado, 14 de decembro 2019: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h

· Domingo, 15 de decembro de 2019: de 10.00 a 14.00 h

O domingo, día 15 de decembro, ás 14.00 h entregaranse os diplomas deste curso e poderá verse o resultado do mesmo. Os diplomas serán entregados polo presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado e alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.