O Mercado de Nadal ribeirense abrirá as súas portas con dezaseis postos

19 Decembro 2019

A ribeirense praza da Porta do Sol contará a partir das 18.00 horas de mañá, venres 20, cun Mercado de Nadal integrado por un total de 16 postos. Así, os visitantes poderán mercar diversos produtos tales coma adornos, plantas, doces, regalo, téxtil, artesanía, marroquinería, xoiería e libraría. Ademais, terán a ocasión de degustar crêpe, chocolate, viño quente ou doces de Nadal, entre outros.

A característica feira tamén contará cunha zona infantil aberta de 11.30 a 13.30 horas, onde se desenvolverán obradoiros de adornos de Nadal con materiais naturais e de reciclaxe totalmente gratuítos.

Cómpre destacar que os contidos do mercado se irán intercambiando con outra instalación similar en Vilagarcía para conferir unha maior variedade aos produtos en venta.

A inauguración terá lugar mañá, ás 18.00 horas, e pouco despois, ás 18.30 horas, celebrarase un obradoiro gratuíto de guirnaldas de Nadal dirixido a tódolos públicos.

Por outra banda, o sábado, 28 de decembro, dará cabida a partir das 18.00 horas a outro taller gratuíto de menú de fin de ano saudable coa nutricionista Laura Rial, incluíndo degustación.

O horario do mercado será de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, desenvolvéndose tódolos días ata o 5 de xaneiro, agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.