O mercadiño de Boiro regresa á avenida da Constitución a partir do próximo martes

11 Decembro 2019

A avenida da Constitución volverá a dar cabida a partir do vindeiro 17 de decembro ao mercadiño semanal que se celebra tódolos martes en Boiro. Desde o Concello manifestan que tódolos feirantes foron informados do cambio de localización e, para a asignación dos novos espazos, os propietarios dos postos foron citados para o luns pola tarde no salón de plenos do Consistorio co obxectivo de delimitar a área que ocupará cada un, traducíndose en axilizar a montaxe e causar as menores molestias posibles a usuarios e compradores.

Así mesmo, nas xornadas do 24 e 31 do presente mes, correspondentes aos días de Noiteboa e Fin de Ano, instalaranse tamén os postos do mercado ambulante, algo que ata o de agora non se viña facendo nestas datas de Nadal, tal e como expresan desde o Concello. A razón desta medida radica en fomentar as compras neste sector durante esta época, pois afirman que era algo que solicitaban os feirantes ao haber unha previsión de gran afluencia de xente ao municipio, aproveitando para darlle impulso ao novo emprazamento.

Desta maneira, un total de 86 postos instalaranse a partir do próximo martes no tramo da referida vía comprendido desde a rúa Norberto Pijuan ata a estrada de Abanqueiro. Segundo apuntan, un cambio moi demandado por feirantes e veciñanza, agardando que o mercadiño semanal se revitalice e volva ser un referente na comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.