O Liceo de Ribeira comeza ano cunha festa de Reis e con asemblea para elixir novo presidente

26 Decembro 2019

A entidade recreativa e cultural do Liceo Marítimo de Ribeira vén de anunciar dúas importantes novidades para os días vindeiros: unha de tipo de festivo e outra de natureza organizativa. En primeiro lugar, o Liceo Marítimo fai saber que este día de Reis, o luns 6 de xaneiro, vaise celebrar un baile de maiores amenizado polo cuarteto Arena. A actuación está previsto que comece arredor das 20.30 horas. A entrada será de balde para todas as persoas socias. Ademais da cita festiva de Reis, o Liceo ten previsto realizar o día 19 a súa asemblea xeral ordinaria.

A devandita xuntanza da xunta directiva e a comunidade de socios está prevista para o da 19 do mes vindeiro a partir das 12.00 mediodía. Na reunión está programado tratar as seguintes cuestións: o estado de contas da entidade e os informes da presidencia e da xunta directiva. Tamén está previsto que se leven a cabo os procedementos para elixir o novo presidente. Logo celebrarase a habitual sesión de rogos e preguntas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...