O CS de Boiro culmina un ano de celebracións (o seu 20 aniversario) con máis vídeos nas redes

27 Decembro 2019

A celebración dos vinte anos de traballo dinamizador, formador e integrador do Centro Social de Boiro (Concello de Boiro) chega estes días á súa recta final, co remate de 2019. E faio cun novo lanzamento informativo-conmemorativo no YouTube, na canle do CS boirense, onde xa podemos coñecer o que nos contan dous novos usuarios do centro, Marga Sampedro (responsábel da Oficina de Información Xuvenil de Boiro) e o técnico de Cultura (e coordinador do Centro Social) Alberto García, sobre os servizos que ofrecen as instalacións e a súa importancia para estreitar ligazóns entre a veciñanza: unhas instalacións que reciben cada ano máis de 70.000 visitas.

O vídeo de Marga e Alberto é unha nova e relevante proclama a prol do verso faser e o que este implica: cultural cidadá, participación social e democracia participativa. Esta defensa de reivindicar a voz das persoas únense aos chamamentos feitos os días pasados por Dores Torrado (coordinadora de Boiro Novo) e Gerardo Piñeiro (ex concelleiro de Cultura); por Antón Seijas (usuario do centro e opositor) e Samuel Rodríguez (axente TIC); por Rosa Saavedra (usuaria do centro) e Juan Ortega (profesor da Escola de Música); ou por María Lapido (profesora de Secundaria), Paula Tubío (psicóloga e docente) e Montse Carro (profesora de baile tradicional).

Máis accións

Este incremento dos contidos dixitais xerados polo CS co gallo do seu 20 aniversario estase a complementar, co gallo das conmemoracións das dúas décadas de andaina, cun redeseño e unha adaptación dos seus espazos cara as novas (e vindeiras) necesidades da veciñanza. Así, procedeuse á remodelación da aula de estudo e redistribuíuse a sala de exposicións, complementándose agora cun espazo de coworking (traballo colaborativo) e zona de lectura.

Amais, o Concello quere abrir unha nova área destinada para adolescentes, xa que opinan que “é un treito de idade que carece de espazos públicos pensados especificamente para eles”. Para co-deseñalo estase a a traballar conxuntamente co alumnado dos colexios locais, para que sexa a propia rapazada a que “elabore as maquetas de como ven as zonas municipais destinadas á súa idade e as necesidades que detectan”.

Outros artigos

Este venres comezan as Festas de Cespón 2026

Este venres 14 comezan as Festas de Cespón, unhas moi relevantes celebracións que ofrecerán cinco días de troula, ata o martes 18 de agosto, cun completo programa de actuacións musicais, actividades relixiosas e propostas lúdicas para a rapazada. A festa comezará o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.