O Club da Ciencia xa chegou a catro centros docentes do Barbanza

02 Decembro 2019
DAVID (( AGN )) 11,00 h.- A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitará o IES Luís Seoane (rúa Luxemburgo, 1. Monte Porreiro). , lunes, 2 dic · 11:00–12:00

O Club da Ciencia, un dos piares da divulgación STEM da Consellería de Educación, suma e segue. Hoxe o departamento que dirixe Carmen Pomar deu a coñecer que a cifra total de centros públicos de toda a nosa xeografía adheridos á dita comunidade é de 119, logo das 30 recentes incorporacións neste curso 2019-2020. Estes e outros datos foron dados a coñecer pola conselleira durante unha visita ao IES Luís Seoane de Pontevedra, que é un dos que se estrea neste programa. O obxectivo do Club da Ciencia é facer que voe o espírito científico e o talento que toda a nosa comunidade de estudantes atesoura. Ponse o foco, novamente, nas siglas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

Estes son os centros da comarca de Barbanza que participan no programa: CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Rianxo), CEIP de Artes (Ribeira), CRA de Rianxo (Rianxo) e IES A Cachada (Boiro).

Por provincias, os Club de Ciencia desenvólvese xa en 55 centros da Coruña (12 de nova incorporación), 13 de Lugo (3 acabados de incorporar), outros 13 de Ourense (4 adheridos este curso) e 38 de Pontevedra (11 de nova incorporación), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no Portal educativo.

Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.250 euros para cada centro, nacen como “un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas”.

Este é o cuarto ano consecutivo no que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 con 9 centros, un número que se foi incrementando desde entón.

O proxecto desenvólvese fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.