O Centro Tecnolóxico do Barbanza, incluído no gran mapa galego das startups

23 Decembro 2019
O equipo inicial do CTBarbanza nunha imaxe de Eusumogal

O CTBarbanza (Centro Tecnolóxico do Barbanza S. Coop. Galega), a comunidade de traballo colaborativo e innovador con sede principal en Ribeira e de ámbito comarcal e galego, vén de ser incluído no primeiro mapa de startups (novas firmas innovadoras) da nosa terra, un recurso posto en marcha pola asociación Startup.gal para mostrar en detalle os principais focos de emprendemento tecnolóxico-social da nosa terra: a longa listaxe galega de proxectos de mercado baseados no máis avanzado coñecemento e das novas maneiras de traballar.

Os criterios para escoller as empresas mostradas no mapa foron principalmente dous: que fosen empresas coa sede principal en Galicia e que fosen startups, é dicir que teñan un modelo de negocio “novidoso”, ou que “sexan firmas que usen tecnoloxías innovadoras para dar un servizo diferencial”.

O mapa é un primeiro paso dunha iniciativa que se prevé longa no tempo, xa que a asociación anunciou a súa intención de “facer unha ferramenta viva, onde se vaian engadindo máis iniciativas e empresas segundo vaian aparecendo, e que tamén evolucione a propia presentación do mapa para mostrar máis información útil a potenciais clientes e investidores”. Amais, se ben os impulsores do mapa recoñecen que “nel non están todas as empresas que poden estar”, está previsto afondar ao máximo na fórmula da participación para, acadar, coa axuda de toda a comunidade de emprendedoras e emprendedores da nosa terra, achegar un recurso o máis completo posíbel (algo que se pode comezar a facer a través dun formulario específico habilitado).

Máis datos sobre CTBarbanza

A cooperativa CTBarbanza, cuxa información sobre a súa actividade e sobre o seu traballo formativo podemos vela en https://ctbarbanza.com/, está formada polos seguintes profesionais das novas tecnoloxías:

· Jorge Parada Fernández (Ribeira). Desenvolvedor FullStack, con 15 anos de experiencia en múltiples linguaxes, como Java, TypeScript, Php, Phyton, etc.

· Daniel de la Concepción Fernández (Ribeira): Desenvolvedor FullStack con 6 anos de experiencia, nos que ten pasado tamén por varias linguaxes de programación, e plataformas de desenvolvemento. Dende aplicacións móbiles nativas a páxinas web e servizos de backend.

· Fernando Ferro Cebreiro (Boiro). Técnico de Sistemas, que ten participado no deseño, instalacións, montaxe e mantemento de infraestruturas de redes con máis de 150 computadores con uso intensivo.

· Tania Rodríguez Cadillo (Ribeira). Deseñadora gráfica con cinco anos de experiencia, especializada en fotografía comercial e deseño web.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...