O Centro Social de Boiro celebra os seus 20 anos de andaina

05 Decembro 2019

O Centro Social de Boiro cumpre 20 anos e celébrao cun redeseño dos seus espazos e o lanzamento dun arquivo dixital. Unhas instalacións polas que pasan anualmente máis de 70.000 persoas, entre a aula de estudo, as escolas de música e baile, Cruz Vermella, cursos de formación e outras moitas actividades culturais.

Así, estrearase unha canle de Youtube na que se recompilarán imaxes e vídeos do traballo feito durante estas dúas décadas, contendo momentos de numerosas actividades que se desenvolveron ao longo do tempo.

Por outra banda, as áreas do Centro Social estanse a redeseñar para adaptarse ás novas necesidades de cara ao futuro. Neste senso, procedeuse á remodelación da aula de estudo e redistribuíuse a sala de exposicións, complementándose agora con espazo coworking e zona de lectura. Desde o Concello boirense manifestan que actualmente tamén se está pensando nunha nova área destinada a adolescentes, xa que consideran que é un tramo de idade que carece de espazos públicos pensados especificamente para eles. Para co-deseñalo, o 10 de decembro, ás 12.00 horas, realizarase no propio Centro Social unha actividade con rapazada de sexto de primaria do CEIP Santa Baia, na que será o propio alumnado o que elabore as maquetas de como ven as zonas municipais destinadas á súa idade e as necesidades que detectan.

Outros artigos

Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha parcela en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron este sábado 14 de setembro, arredor das 6.24 horas, un aviso no que se lles informaba dun lume na rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Á súa chegada ao lugar, o persoal da agrupación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...