Máis oportunidades para a xente nova e máis vivenda digna, os desexos de Stop Deshaucios Barbanza para 2020

30 Decembro 2019
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza, a través do seu vogal José Manuel Pena, está a enfiar a recta final de ano cun manifesto que compendia e visualiza as que, ao parecer da organización comarcal, son as materias pendentes sociais máis urxentes cuxa resolución tería que acometer de inmediato o Goberno galego. O comunicado, unha carta de desexos ao presidente da Xunta, é un recordatorio dalgunhas das principais ameazas coas que teñen que convivir centos de familia dos nosos concellos: desemprego, imposibilidade de asumir os pagos das hipotecas, desaloxos por impago de alugueres, imposibilidade de acceder a unha vivenda digna, etc.

En palabras da plataforma, “son demasiadas as persoas novas e maiores con problemas desta índole, faltan oportunidades en xeral para a xente nova, por non falar do que acontece cos investigadores novos que se ven obrigados a emigrar para atopar unhas mellores condicións laborais e salarios máis elevados”. Stop Desafiuzamentos Barbanza tamén lembra que existe unha porcentaxe alta de mozos e mozas que non son quen de emancipase das súas familias por ausencia de recursos e oportunidades, por mor duns “traballos temporais e precarios”, polo que boa parte deles e delas vense abocados á situación de ter que marchar da súa terra.

Respecto das persoas maiores, a plataforma avoga por unha meirande aplicación das políticas sociais, “reais e efectivas”, tendentes a crear máis centros de día, máis centros de maiores, máis xeriátricos, transporte público de balde e unha atención a domicilio máis integral.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.