Licitada a pavimentación e instalación de pluviais nunha vía de Aguiño

20 Decembro 2019

Unha nova actuación no concello de Ribeira permitirá a pavimentación e instalación de rede de pluviais na rúa da Cruz, na parroquia de Aguiño.

 Na actualidade o pavimento desta vía, que está feito de aglomerado asfáltico, atópase en mal estado, mentres que a rede de augas pluviais resulta deficitaria ao producirse con certa frecuencia atascos e inundacións na calzada.

Para poñer solución a estas eivas, técnicos do concello redactaron un proxecto que inclúe a instalación dunha nova tubaxe de pluviais de 315 milímetros de diámetro e 368 metros de longo no centro da calzada, con arquetas sumidoiro -28 en total- nos laterais, ademais de 10 pozos de rexistro cada 40 metros aproximadamente. Así mesmo, procederase á pavimentación cunha mestura bituminosa en quente nunha superficie de 2.146 metros cadrados.

O importe da actuación ascende a 69.933’38 euros, IVE incluído, financiado no marco do POS+2018 da Deputación da Coruña; e o prazo de execución son dous meses.

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata a medianoite do 9 de xaneiro de 2020 a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.