Licitada a pavimentación de dous camiños en Oleiros

26 Decembro 2019

Unha nova actuación no concello de Ribeira permitirá a pavimentación de dous camiños situados na parroquia de Oleiros, concretamente o do lugar de Sancortes e o que desemboca no cemiterio da referida localidade.

Desde o Concello manifestan que ambos posúen un firme de aglomerado asfáltico bastante deteriorado nalgúns tramos, polo que se considerou a conveniencia de executar esta obra coa fin de mellorar os seus firmes cunha nova pavimentación.

Así, no que se refire ao camiño de Sancortes, aplicarase unha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros na calzada -980 metros cadrados-, previa limpeza das marxes, acondicionamento da superficie e extensión de zahorra artificial nos sobreanchos.

Polo que respecta ao camiño do cemiterio, a mestura de bituminosa en quente a aplicar é de 6 centímetros de espesor nunha superficie de 2.147 metros cadrados. Tamén se procederá con antelación á limpeza das marxes, adecuarase a superficie e botarase zahorra artificial nos sobreanchos.

O importe desta intervención ascende a 46.587’89 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+2018; e o prazo de execución son dous meses.

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata a medianoite do 9 de xaneiro de 2020 a través da Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.