Investidos máis de 85.000 euros na área do Barbanza para fomentar o emprego nas cooperativas e sociedades laborais

30 Decembro 2019

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, comunicou a resolución das axudas na comarca do Barbanza de Aprol-Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria para apoiar o funcionamento deste tipo de empresas.

Esta convocatoria permitiu que se investisen na provincia da Coruña ata hoxe algo máis dun millón de euros en 73 incorporacións de socios traballadores e outros 73 de novo persoal coa condición de socio. Neste senso, concretamente na área do Barbanza, tres cooperativas e sociedades laborais dos municipios de Outes, Carnota e Ribeira recibiron un investimento de algo máis de 85.000 euros para sete incorporacións de socios traballadores e sete de novo persoal coa condición de socio. 

Esta orde de axudas Aprol-Economía Social da Xunta de Galicia conta con dúas liñas. A primeira, que se concede a cooperativas e sociedades laborais, ten por obxecto facilitar a incorporación de socios traballadores a cooperativas ou sociedades laborais. A contía da achega por cada persoa incorporada pode ir desde os 6.000 ata os 16.500 euros, en función das circunstancias. 

A segunda das liñas vai dirixida á persoa física que accede como socio traballador á cooperativa ou sociedade laboral que pode estar ou non traballando xa como asalariado na entidade. Tamén poden acollerse a ela aquelas persoas que inician unha actividade como autónomas e se incorporan a unha cooperativa, en réxime de exclusividade, para a comercialización ou transformación dos seus produtos. Esta axuda ten por finalidade facilitar a achega de capital social para incorporarse como socio. O importe pode chegar igualmente aos 16.500 euros.

Outros artigos

Deporte e arte centraron a axenda municipal de Ribeira no marco do 8M

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, participaron este xoves 5 de marzo nos dous actos programados ao abeiro da axenda deseñada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller: a mesa redonda Muller, deporte e saúde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.