Hoxe é o Día Nacional da Esclerose Múltiple

18 Decembro 2019

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), celebra cada 18 de Decembro o Día Nacional da Esclerose Múltiple con ese motivo realiza diferentes actividades para concienciar e poñer de manifiesto a situación das persoas afectadas por esta enfermidade neurodexenerativa e lembrar algunhas das súas liñas de traballo. Asi hoxe 18 de Decembro, instalará en horario de 9:00 h. a 14:00h. dúas mesas informativas e de captación de fondos no CHUS.

A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do Sistema Nervioso Central. Os síntomas tempranos máis habituais son a fatiga, problemas de visión, formigueos, entumecementos, vértigos e mareos, debilidade muscular, espasmos e problemas de equilibrio e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son ‘invisibles’, pero inciden no día a día destas persoas. A incapacidade que provoca caracterízase por trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañada doutras alteracións como ansiedade e depresión.

ACEM únese ao resto de organizacións de persoas con Esclerose Múltiple baixo o lema “Xuntos somos máis fortes que a Esclerose Múltiple”para reivindicar aqueles aspectos que poden mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple e que detallamos a continuación.

Reivindicacións das Persoas con Esclerose Múltiple

  • O recoñecemento automático do 33% de discapacidade co diagnóstico, o que suporía un mellor acceso a medidas de protección social e ao emprego de persoas con Esclerose Múltiple.
  • Maior apoio gubernamental á investigación da esclerose múltiple.
  • Acceso a un tratamento rehabilitador integral, personalizado, gratuito e continuado, en todas as comunidades autónomas, reforzando o papel que as organizacións de pacientes desenvolvemos neste campo.
  • Equidade no acceso ao tratamento farmacolóxico que precise cada persoa, en todas as comunidades autónomas e en todos os centros hospitalarios.
  • Maior compromiso dos empresarios nas adaptacións dos postos de traballo e no cumprimento do 2% que esixe a lexislación na contratación de persoas con discapacidade.
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.