Gardacostas amplía a súa frota con tres novos vehículos

30 Decembro 2019

O Servizo de Gardacostas de Galicia, organismo dependente da Consellería do Mar, incorporou tres novos vehículos á súa frota para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. Estes turismos serán empregados tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento marítimo, así como na loita contra a contaminación. O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, recibiu os tres vehículos nun concesionario en Santiago.

Estes tres coches posibilitan a ampliación da frota deste organismo dependente da Consellería do Mar, estando previsto destinar un a cada unha das tres provincias costeiras da comunidade. A incorporación destes vehículos complementa a renovación realizada o ano pasado en parte da frota do Servizo de Gardacostas, que supuxo a posta en servizo de preto dunha vintena de coches que foron distribuídos entre as unidades operativas que Gardacostas ten polo litoral de Galicia e os servizos centrais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.