Esta madrugada volve a alerta laranxa en Barbanza

17 Decembro 2019

Na madrugada do martes ao mércores remata definitivamente a relativa calma coa entrada dun novo temporal que xa se está a deixar notar na costa de Barbanza. O fenómeno meteorolóxico adverso, que irá a máis a medida que avance o mércores, achegará unha xornada especialmente complicada para o litoral da Coruña e Pontevedra, polo que a Dirección Xeral de Emerxencias activará a partir da madrugada a alerta laranxa. Haberá ventos de compoñente sur que poden chegar a forza 9 con mar combinada do sur con ondas de até seis metros. A orientación do vento e o mar fará que a ría de Arousa, xeralmente abrigada, tamén teña mar picada.

Unha vez máis, por mor do temporal costeiro a Xunta lembra a importancia de manternos afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso ademais evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Suspéndese as actividades dos colexios ao aire libre

A maiores de todo o devandito e debido ao mal tempo reinante, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender este mércores as actividades no exterior dos centros docentes radicados na zonas decretadas con alerta laranxa por refachos de vento superiores a 100 quilómetros por hora dende as 9.00 horas até as 21.00. Isto afectará ao oeste da provincia da Coruña, a Mariña de Lugo e a montaña de Ourense. No que se refire á comarca de Barbanza, están incluídos no aviso todos os concellos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.