Inaugurado o Belén de Aguiño

06 Decembro 2019

Por noveno ano consecutivo o adro da igrexa da parroquia ribeirense de Aguiño acolle desde esta tarde do venres o seu xa tradicional Belén Municipal. O acto inaugural estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz Rivas, quen estivo acompañado por numerosos veciños. Este ano conta con 65 imaxes das que 50 teñen movemento, nove mais que o ano pasado.

O belén naceu como unha iniciativa de Miguel Abraldes quen montou o primeiro no seu domicilio hai 25 anos. O concello puxo o continente e o encargado da obra é desde hai caseque dous lustros este aguiñense de sobre coñecido amais polas suas maquetas de dornas e barcos. Este veciño tratou con mimo e delicadeza cada unha das pezas engadidas neste belén do que se pode disfrutar ata despois de reis desde as 8 da mañá ata as 22 horas.

Belén Municipal de Aguiño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.