Diversos obradoiros creativos impartiranse no ribeirense Espazo Xuvenil con motivo do Nadal

17 Decembro 2019

O Espazo Xuvenil situado no primeiro andar do mercado municipal de Ribeira dará cabida as próximas tres fins de semana a diversos obradoiros creativos de artes plásticas que teñen como nexo común o Nadal.

Así, entre as accións que se realizarán figuran temáticas vinculadas coa caligrafía (decoración do cristal do Espazo Xuvenil por medio de dúas técnicas: cal e cintas de cores), postais e selos (realización de postais creativas coa utilización de selos feitos pola rapazada), ornamentos de madeira (creación e decoración de bolas de árbore de Nadal feitas con madeira), e outros talleres express a base de chapas, coxíns, centros de mesa creativos, fotóforos, etcétera.

Estas accións desenvolveranse, en horario de 17.00 a 21.00 horas, entre os días 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de decembro, así como 3, 4 e 5 de xaneiro. Ademais, correrán a cargo de Paula López, coñecida creadora afincada en Ribeira como Paulova, e mais Bernardo Paz Codesido.

Cómpre lembrar que tódalas actividades son gratuítas e que o Espazo Xuvenil está dirixido á mocidade de entre 14 e 19 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.