Distinguidos once representantes de entidades sociais de Ribeira no Día Internacional dos Voluntarios

05 Decembro 2019

Con motivo do Día Internacional dos Voluntarios, o 5 de decembro, o Concello de Ribeira distinguiu cunha homenaxe aos representantes de once entidades do municipio nun acto celebrado no salón de plenos do Consistorio.

No que respecta á selección das persoas a homenaxear, estas foron escolleitas no seo das propias organizacións ás que pertencen. Así, distinguiuse a María José López Rodríguez, pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira; María Calo González, polo Grupo do Voluntariado Social Municipal; Aitor Míguez Romay, por Cruz Vermella; María Dolores Vidal Bermúdez, por Cáritas Parroquial; María Jesús Vázquez Segade, pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC); Abraham Benítez Somoza, pola Asociación AMBAR; Yassin El Aamry, pola Asociación Amicos; Julia Gema Fernández Pla, por AGADEA; Marisa Gendre Botana, por Dignidad Ribeira; José Mariño Rivas, por ICE Renovación; e María Isabel Losada Santiago, pola Asociación Antidroga Renacer.

O acto estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz, acompañado dos edís María Sampedro, Ana Ruiz, Ramón Doval e Víctor Reiriz. O rexedor manifestou que o importante dos pobos son as persoas e destacou o asociacionamismo e a solidariedade existentes no municipio. Neste senso, salientou o labor de tódalas persoas comprometidas con axudar aos demais sen estar movidas polo interese propio e concluíu expresando que “a mellor homenaxe que se pode facer a unha sociedade é ter xente coma vós.”

Ao finalizar o evento, procedeuse á realización de fotografías dos homenaxeados na escalinata do Consistorio e, en compañía doutros integrantes das entidades referidas, na praza do Concello.

Cómpre lembrar que as actividades enmarcadas nesta xornada continúan esta tarde no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 17.00 a 19.00 horas, co obradoiro vivencial Acércate á túa risa (risoterapia) dirixido a persoas que exercen de voluntarias nalgún colectivo do municipio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.