Dez equipos disputarán en Palmeira o I Trofeo Nadal de Fútbol Sala Cidade de Riveira

26 Decembro 2019

Un total de dez equipos participarán no I Trofeo Nadal de Fútbol Sala Cidade de Riveira, o cal se disputará no pavillón polideportivo Alcalde Torres Colomer, na parroquia de Palmeira, a partir das 16.00 horas do sábado 28. Este evento deportivo está promovido pola Agrupación Futsal Riveira coa colaboración do Concello a favor de entidades benéficas do municipio, polo que se solicita a doazón de alimentos non perecedoiros, xoguetes novos e material escolar, tanto por parte dos participantes e implicados na organización da cita coma do público.

O grupo A da categoría masculina está composta por Alameda 3.0, Café Bar Alameda/Publicolor, Tour Galicia/Bar Retablo e Triñanes/Café Bar Alameda; mentres que o grupo B atópase formado por Los Warriors, Stop Pobreza, Max China e Restaurante Alján/O Castro. Pola súa parte, a categoría feminina está integrada por Deco Daniel e Pescados Mary Mar.

A gran final entre os gañadores das semifinais está prevista para as 21.45 horas, e a entrega dos trofeos para as 22.00 horas.

O calendario é o seguinte:

16.00- ALAMEDA 3.0 – TOUR GALICIA/BAR RETABLO

16.20- TRIÑANES/CAFÉ BAR ALAMEDA – CAFÉ BAR ALAMEDA/PUBLICOLOR

16.40- LOS WARRIORS – MAX CHINA

17.00- RESTAURANTE ALJÁN/O CASTRO – STOP POBREZA

17.20- DECO DANIEL – PESCADOS MARY MAR

17.40- TRIÑANES/CAFÉ BAR ALAMEDA – TOUR GALICIA/BAR RETABLO

18.00- CAFÉ BAR ALAMEDA/PUBLICOLOR – ALAMEDA 3.0

18.20- RESTAURANTE ALJÁN/O CASTRO – MAX CHINA

18.40- STOP POBREZA – LOS WARRIORS

19.00- PESCADOS MARY MAR – DECO DANIEL

19.20- TOUR GALICIA/BAR RETABLO – CAFÉ BAR ALAMEDA/PUBLICOLOR

19.40- ALAMEDA 3.0 – TRIÑANES/CAFÉ BAR ALAMEDA

20.00- MAX CHINA – STOP POBREZA

20.20- LOS WARRIORS – RESTAURANTE ALJÁN/O CASTRO

20.40- SEMIFINAL 1° GRUPO A – 2° GRUPO B

21.00- SEMIFINAL 1° GRUPO B – 2° GRUPO A

21.20- DECO DANIEL – PESCADOS MARY MAR

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...