Detidos dous varóns como presuntos autores do atraco á gasolineira de Oleiros

20 Decembro 2019

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira procederon á detención de dous varóns de 31 e 38 anos respectivamente, residentes no municipio ribeirense, como presuntos autores dun delito de roubo con violencia ou intimidación cometido nunha gasolineira do lugar de Salmón, en Oleiros.

Durante a madrugada do 9 de decembro cometeuse un roubo con violencia ou intimidación na referida estación de servizo cando un individuo chegou a pé cunha garrafa para botar gasolina e, ao saír o empregado para atendelo, oculto entre a súa roupa, sacou un machete co que ameazou ao mesmo. Seguidamente, aparece un vehículo coas luces apagadas e coa matrícula oculta, do cal baixa outro individuo, compañeiro do anterior, portando unha pata de cabra, coa que ameaza ao empregado e lle subtrae a alxibeira cos cartos, mentres o outro se introduce nas oficinas e subtrae a caixa rexistradora. A continuación, tras cometer o roubo, foxen do lugar no vehículo.

Por tales feitos, iniciouse unha investigación que concluíu coa identificación e posterior detención dos presuntos autores do feito delitivo.

Ademais, impútaselles un delito de roubo con forza acaecido en días anteriores na mesma estación de servizo, ao forzar a caixa dun dos espazos de lavado de vehículos, subtraendo o diñeiro que contiña. Por outra banda, tamén se lles imputa unha serie de roubos cometidos na localidade en datas recentes.

Tras efectuarse os correspondentes rexistros domiciliarios, foron recuperados diversos efectos subtraídos e instrumentos utilizados nos roubos. A un dos detidos cónstanlle diversos antecedentes policiais por delitos similares.

Ambos detidos foron postos a disposición da autoridade xudicial, quen decretou o seu ingreso en prisión provisional.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.