Detido un ribeirense como presunto autor dun delito de tráfico de drogas

05 Decembro 2019
Cedida pola Policía Nacional

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira procederon á detención dun varón de 21 anos e natural de Ribeira como presunto autor dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas.

Cando os axentes policiais actuantes se atopaban realizando un dispositivo establecido ao efecto para a prevención do tráfico de drogas na localidade ribeirense, observaron como un varón levou a cabo a venta de varias doses de substancia estupefaciente a dúas persoas.

Ante isto, os policías procederon á identificación dos individuos referidos, localizándolle ao vendedor entre as súas pertenencias 43 bolsiñas termo seladas con cocaína, 28 bolsiñas termo seladas con heroína, 1 bolsa con marihuana, un anaco de haxix, así como 76 euros en efectivo en billetes de distinto valor, un terminal telefónico e diversos efectos para ocultar as substancias mencionadas.

Ao detido cónstanlle antecedentes policiais por feitos similares. Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais foi posto a disposición da autoridade xudicial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...