CxG de Ribeira rexistra alegacións en relación á taxa de saneamento

27 Decembro 2019

A formación política Compromiso por Galicia de Ribeira (CxG de Ribeira) vén de presentar no Rexistro do Concello ribeirense un escrito para ser tratado pola corporación municipal en relación a que “existe un gran malestar entre a veciñanza xustificado pola excesiva suba de 24’30 euros ao trimestre da taxa polo saneamento.” Neste senso, a agrupación que coordina Óscar Casais manifesta o seu rexeitamento a esta “abusiva carga fiscal”, solicitando que se teñan en conta unha serie de alegacións.

En primeiro lugar, indican que o correcto funcionamento da EDAR e, en xeral, do sistema de depuración do municipio “sen ningún ápice de dúbida, debe estar completamente probado.” Engaden a suxestión de implantar progresivamente medidas de aforro enerxético para “tratar de paliar os elevados custes de gasto eléctrico da depuradora (un 25%)”, introducindo enerxías renovables, limpas e inesgotables, poñendo como exemplo a enerxía solar.

Tamén sinalan a necesidade de aportar unha serie de baremos “con maior redución ou incluso exención das taxas para aquelas familias se encontren en situación de dificultade económica” coma as que perciben a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), pensións non contributivas, desempregados de longa duración, familias numerosas con escasos ingresos, maiores con pensións de xubilación ou viuvez baixas, persoas con discapacidade, vítimas de violencia de xénero ou monoparentais con menores ao seu cargo, entre outros.

Así mesmo, CxG de Ribeira precisa no seu escrito que “non tódalas actividades económicas teñen o mesmo nivel de contaminación nin tampouco o mesmo volume de uso do saneamento.” Deste xeito, apuntan que as empresas e autónomos non deberían pagar máis naqueles casos nos que se xeran menos augas residuais que unha familia estándar.

Ademais, consideran que o Concello debe tratar de aportar máis contía económica na porcentaxe da taxa de saneamento para que a veciñanza “non se vexa afectada con esta suba tan brutal”, pois entenden que “seguro que haberá algunha partida económica na que algunha actividade non ten a mesma importancia para a veciñanza como axudala no pago da taxa da que se trata.” Unha posibilidade para a que requiren “transparencia e responsabilidade” na explicación á cidadanía de onde se sacan os cartos para reducir o impacto do que cualifican como “tarifazo.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.