Concellos de Arousa adhirense ao plan de loita contra a vespa velutina acordado entre a Xunta e a Fegamp

28 Decembro 2019

Os concellos galegos teñen de prazo ata o próximo martes, 31 de decembro, para adherirse ao plan. Ata ao momento, máis de 160 entidades locais galegas amosaron o seu interese no programa e xa anunciaron á Dirección
Xeral de Administración Local a súa intención de unirse de forma voluntaria.
A Administración autonómica reactivou esta semana o contacto coa Fegamp para a súa implantación en todo o territorio galego, co obxectivo de que poida estar operativo ao longo do vindeiro mes de xaneiro.
A Xunta e a Fegamp acordaron o pasado outubro poñer en marcha de maneira coordinada e conxunta este Plan, que conta cunha dotación de 2,3 millóns de euros, a través de fondos propios da Administración autonómica e do Fondo de Cooperación Local. O Goberno galego xa vén traballando desde o 2014 nun programa de vixilancia e control para minimizar o
impacto da vespa asiática na comunidade e, ante o aumento da súa presenza, decidiu redobrar os esforzos e actuar coa Fegamp coa posta en marcha deste Plan para frear o seu avance.
O Plan de loita contra a vespa velutina basease na concentración de recursos para eliminar os seus niños na nosa comunidade e ofrecer unha resposta profesional e eficaz de forma homoxénea en tódalas zonas afectadas. Desta forma, a Xunta, en colaboración cos concellos que se adhiran a este plan, realizará os traballos de retirada de niños da vespa
velutina. Estas actuacións están sendo levadas a cabo, polo de agora, de forma directa con medios propios dos concellos en 124 municipios denominados colaboradores, unha vez que se recibe o aviso no teléfono habilitado no 012. Tamén participan os GES, e persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e da Consellería do Medio Rural.

Niño de vispa velutina

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.